Feeds:
Anotacións
Comentarios

Arquivo de Abril, 2009

Moitas veces pasamos ao seu carón, case sen prestarlles atención. Simbolizan o pasado, pero tamén a cultura, o traballo, as mans, as crenzas, a relixión e todo o que foi a nosa terra.
Moitos, coma este cruceiro das Somozas, en Asados, álzanse maxestousos, semellando querer tocar o ceo, estando máis preto de alá que de aquí. [...]

Read Full Post »

Ás veces, semella que nalgúns lugares hai anos polos que non pasa ninguén. Sitios abandonados, deixados da man de Deus, pero que no seu día tiveron vida e bulicio.
É o caso de moitos dos muíños que podemos atopar seguindo o curso do río Té. Hoxe en día fican completamente abandonados, adaptándose á contorna, cubertos de [...]

Read Full Post »

Ás veces, as augas convértense en olas pétreas da cor da prata que semellan estátuas que queren cobrar vida.

Read Full Post »

De seguro que se sodes dos que paseados polo paseo marítimos vos fixáchedes en que o chan agora está cambiado. Máis ben o que cambiou foi o aspecto das feas tapas dos sumidoiros, que agora foron decoradas polos artistas de Leñaverde. Ao meu ver, unha boa iniciativa de Arousa Norte que se repetirá noutros concellos, [...]

Read Full Post »

Hoxe cólgovos aquí unha imaxe impresionante do monte do Araño. Ao fondo, sobre o Pico Muralla, vense unhas nubes preciosas que lle dan ao ceo un toque máxico.

Read Full Post »