Hoxe déixovos aquí unha imaxe do auditorio de Rianxo, ese edificio que tardou case tres anos en inaugurarse, que semella moi ben que non sabe que facerse con el, que vai acollendo algún que outro acto e que agora tamén alberga a biblioteca municipal.
Póñovos esta vista porque me encanta esta estatua, da que algún día [...]
Arquivo de Maio, 2009
O Auditorio de Rianxo
Posted in Rianxo, edificios, esculturas on 05/26/2009 | Deixa un comentario »
A igrexa de Santa María de Asados
Posted in Asados, edificios, etiquetado Asados, fotos de Rianxo, igrexa Santa María on 05/16/2009 | Deixa un comentario »
Como toda parroquia galega que se prece, a de Asados tamén ten a súa, a de Santa María.
A praia do Porrón
Posted in Leiro, praias, etiquetado As Cunchas, fotos de Rianxo, Leiro, Porrón, praia, Rianxo on 05/13/2009 | Deixa un comentario »
Aínda que é moito máis coñecida e bonita a praia que ten ao seu carón, a das Cunchas, trátase dunha praia bastante descoñecida para moita xente. É un areal inmenso, no que nunca fai faltar espazo para poñer a toalla e que está nun lugar resgardado se se teñen nenos.
O Pozo Bastón
Posted in O Araño, ríos, etiquetado Ferrería, O Araño, pozo Bastón, río Té on 05/13/2009 | Deixa un comentario »
Un dos lugares máis fermosos e con máis lendas ás súas costas en Rianxo é o Pozo Bastón, situado máis arriba da parroquia da Ferrería. Nunha zona de difícil acceso e preto de onde nace o río Té, podemos atoparnos con esta bonita poza que adoita ter moitas visitas durante o verán.




